Benvid@

O BNG de Valga presenta ó seu candidato as eleccións municipais do Concello de Valga do ano 2011

lunes, 2 de mayo de 2011

¿Porqué se presenta o Bloque en Valga?

Por moitos anos que goberne Maneiro,  Valga seguirá sendo o mesmo lugar sen futuro, pois este home e máis a súa xente non teñen proxecto para o Concello de Valga.

¿Que sentido teñen todas as actuacións que fai? non son outras que perpetuarse no poder, todas as "políticas" que el aplica teñen unha única intención: o que non esta con nós nin auga. Mostra disto  ¿que organización, asociación, colectivo ou agrupación fai en  Valga calquera actividade e non esta controlado por el?  E si existen ¿que apoios reciben?

Esta política de constrinximento o que busca e que os cidadáns acaben ante el (o altísimo), e Maneiro, tal rei absolutista, mostra a súa magnanimidade: colle cartos que todos pagamos cos nosos impostos e os reparte como si os puxera el do seu peto.

Así e como funciona un cacique: primeiro afógote, logo pides axuda e o final débesme un favor, que xa o cobrarei nas próximas eleccións.

Para isto presentase o Bloque de Valga: para liberar deste cacique ó Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario