Benvid@

O BNG de Valga presenta ó seu candidato as eleccións municipais do Concello de Valga do ano 2011

miércoles, 25 de mayo de 2011

O BNG DE VALGA INCREMENTA EN MÁIS DUN 12% A PORCENTAXE DE VOTOS CON RESPECTO ÁS ELECCIÓNS D0 2007

            A Asamblea local do BNG de Valga manifesta o seu agradecemento a todas as veciñas e todos os veciños que participaron nas eleccións municipais do pasado 22 de maio e, sobre todo, ás persoas que respaldaron o seu proxecto nas urnas. Esta agrupación incrementou a porcentaxe de votos en máis dun 12 % e aumentou o apoio en sete das nove mesas electorais que se constituiron no concello.
            Queremos amosar a nosa satisfacción polo resultado obtido, o que supón unha “inxección de ánimo” para seguir traballando e atendendo as demandas das nosas veciñas e veciños; os vindeiros catro anos serán unha nova etapa na que concentraremos os nosos esforzos para conseguir un verdadeiro goberno de transparencia e eficacia ó  servizo das cidadás e dos cidadáns do noso municipio.
            Unha vez máis, reiteramos as grazas e poñémonos a disposición de todas as veciñas e todos os veciños para elevar ó pleno municipal todas aquelas demandas ou cuestións que estimen oportunas.
 Asemblea Local do BNG de Valga

No hay comentarios:

Publicar un comentario