Benvid@

O BNG de Valga presenta ó seu candidato as eleccións municipais do Concello de Valga do ano 2011

miércoles, 25 de mayo de 2011

O BNG DE VALGA INCREMENTA EN MÁIS DUN 12% A PORCENTAXE DE VOTOS CON RESPECTO ÁS ELECCIÓNS D0 2007

            A Asamblea local do BNG de Valga manifesta o seu agradecemento a todas as veciñas e todos os veciños que participaron nas eleccións municipais do pasado 22 de maio e, sobre todo, ás persoas que respaldaron o seu proxecto nas urnas. Esta agrupación incrementou a porcentaxe de votos en máis dun 12 % e aumentou o apoio en sete das nove mesas electorais que se constituiron no concello.
            Queremos amosar a nosa satisfacción polo resultado obtido, o que supón unha “inxección de ánimo” para seguir traballando e atendendo as demandas das nosas veciñas e veciños; os vindeiros catro anos serán unha nova etapa na que concentraremos os nosos esforzos para conseguir un verdadeiro goberno de transparencia e eficacia ó  servizo das cidadás e dos cidadáns do noso municipio.
            Unha vez máis, reiteramos as grazas e poñémonos a disposición de todas as veciñas e todos os veciños para elevar ó pleno municipal todas aquelas demandas ou cuestións que estimen oportunas.
 Asemblea Local do BNG de Valga

jueves, 5 de mayo de 2011

Temos unha plaza de touros pero non hai para comer

Xa dixemos que Maneiro non ten un proxecto para o Concello de Valga, el adicase a facer cousas sin sentido, non resolve os problemas que poidan ter os cidadáns de Valga, mostra desto e que no noso Concello segue medrando o paro mentras noutros baixa.

No xornal La Voz de Galicia hoxe publicase a seguinte noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/05/05/0003_201105A5C2993.htm

Por outro lado cos cartos dos nosos impostos Maneiro fai o seguinte:

Con fondos do Plan E de case 70.000 € construese un auditorio descuberto na praia fluvial de Vilarello que vale para unha vez o ano os xovenes fagan unha "tourada". Despois disto colleran a maleta e iran traballar a Madrid, eso si xa saben o que significa sair pola porta grande.

O Concello de Valga ten un indice de parados moi alto que en vez de baixar segue subindo, ¿que propon Maneiro para solucionar isto? celebrar unha corrida de touros.

lunes, 2 de mayo de 2011

¿Porqué se presenta o Bloque en Valga?

Por moitos anos que goberne Maneiro,  Valga seguirá sendo o mesmo lugar sen futuro, pois este home e máis a súa xente non teñen proxecto para o Concello de Valga.

¿Que sentido teñen todas as actuacións que fai? non son outras que perpetuarse no poder, todas as "políticas" que el aplica teñen unha única intención: o que non esta con nós nin auga. Mostra disto  ¿que organización, asociación, colectivo ou agrupación fai en  Valga calquera actividade e non esta controlado por el?  E si existen ¿que apoios reciben?

Esta política de constrinximento o que busca e que os cidadáns acaben ante el (o altísimo), e Maneiro, tal rei absolutista, mostra a súa magnanimidade: colle cartos que todos pagamos cos nosos impostos e os reparte como si os puxera el do seu peto.

Así e como funciona un cacique: primeiro afógote, logo pides axuda e o final débesme un favor, que xa o cobrarei nas próximas eleccións.

Para isto presentase o Bloque de Valga: para liberar deste cacique ó Concello.